Ricittos é unha marca de moda infantil española creada por profesionais do sector téxtil con experiencia desde 1984.
Deséñanse e fabrican prendas ata os 16 anos: modelos para bebés dende os 3 meses ata os 48 meses e de nenas dende 1 ano ata 16 anos.
Todo o proceso de fabricación é realizado integramente en España.
Usase tecnoloxía avanzada no deseño e patronaxe para mellorar a estandarización e rapidez na produción, pero mantense a fabricación das prendas con medios artesanais.
O produto caracterÍzase pola súa alta calidade, realizado en España e a un prezo moi competitivo.
Os deseños buscan as tendencias actuais cun estilo tradicional e clásico. Realízanse dúas coleccións anuais: Verán e Inverno.
Ricittos defínese polo seu deseño con estilo romántico e clásico.
No deseño eliximos os tecidos con moito coidado e de máxima calidade, sempre os máis apropiados para o deseño escollido.
Ricittos distribúe as prendas en España, Portugal, Reino Unido, Estados Unidos, Panamá e Rusia.
En todos os nosos deseños temos en conta a seguridade dos nenos, para que unha prenda chegue ao mercado tómanse decisións respecto aos tecidos empregados, abelorios, etc acordes ás normativas UNE-EN 14682:2008 (Seguridade da roupa Infantil, Cordóns e cordas axustables en roupa Infantil) e UNE 40902:2008 (Seguridade en prendas de bebé).
Tamén tense en conta a normativa UNE-EN 14878 (Comportamento fronte ao lume). Ademais traballamos con provedores de tecidos que cumpren coa norma OEKO-TEX STANDARD 100 para cumprir os requisitos ecolóxico-humanos establecidos para artigos de bebé.